OurenseÚltima hora

Falece unha persoa nunha colisión entre dous coches na OU-536, en Xunqueira de Espadanedo

 

 

Na mañá deste venres 28 de xullo, minutos despois das 8 horas, producíase un accidente de tráfico no punto quilométrico 21 da OU-536, en Xunqueira de Espadanedo, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que “unha persoa faleceu e outra resultou ferida ao colidir dous coches”.

Os servizos sanitarios, malia mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, “nada puideron facer por unha das persoas implicadas neste sinistro. Por outra banda, a outra persoa accidentada foi trasladada a un centro hospitalario, despois de ser excarcerada polos efectivos do GES de Maceda”, indican dende o 112  que recibira a alerta desta colisión a través dunha persoa particular e do sistema eCall dun dos vehículos implicados.

Acto seguido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Maceda, da Garda Civil de Tráfico e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Maceda e de Xunqueira de Espadanedo. “Ademais, sumouse ao operativo un voluntario de Protección Civil da Pobra de Trives”, indican dende o servizo de emerxencias.

Artigos relacionados

Back to top button