OurenseÚltima hora

Falece unha persoa tras sufrir unha saída de vía co seu turismo en Maside

 

Na madrugada deste xoves 31 de outubro producíase un accidente de tráfico na AG-53, no punto quilométrico 78, no concello de Maside, no que falecia unha un home, veciño do Carballiño tras saírse da vía o vehículo que conducía.

Tal como indican dende o 112 Galicia, ás 00:45 horas un particular contactou co centro para informar do suceso. “Indicaba que atopara restos dun accidente e que había un coche entre uns arbustos dunha estrada paralela, todo apuntaba a que saíra despedido”.

 

 

Nada máis recibir a chamada de alerta e debido á gravidade do accidente, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no ademais do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén participaron os Bombeiros do Carballiño, os axentes da Garda Civil e os efectivos de Protección Civil.

Por causas que están a ser investigadas polo Equipo de Investigación de Sinistros de Tráfico do Subsector da Garda Civil de Ourense, “o condutor perdeu o control do seu vehículo e impactou contra a barreira de formigón e, tras voar sobre a mediana terriza, cruzo o ramal do sentido contrario e se despeñó por un desnivel ata a súa posición final sobre a cuneta dunha pista asfaltada que se dirixe á localidade da Touza”.

Debido á violencia dos varios impactos e voltas de campá e de tonel que foi recibindo o vehículo no seu desprazamento incontrolado, “foi necesario realizar as manobras de excarceración para que a médica puidese acceder ao cadáver e poder certificar o falecemento”, puntualizan dende a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button