SanidadeÚltima hora

Falecen 6 persoas con Covid en Galicia, unha delas en Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 87 anos (procedente da Residencia San Antonio de Beariz) que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que tiña patoloxías previas.

Ademais perdían a vida un home de 77 anos e unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, unha muller de 71 anos e un home de 71 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button