OurenseÚltima hora

A familia de Antonio Faílde cede dúas estatuas en pedra para o Botánico de Montealegre

Estas pezas escultóricas únense as que xa cederan hai poucas semanas e que están ubicadas na entrada do Consistorio
Miguel ángel Faílde, Belén Iglesias e Jesús Vázquez.

Dende hoxe, 20 de xullo, catro obras escultóricas de Antonio Faílde comparten coa natureza do Botánico de Montealegre “un diálogo artístico de pedra”. Estas pezas atópanse integradas no auditorio deste entorno natural, logo da cesión ao Concello efectuada polo fillo do mestre escultor, Miguel Ángel Faílde.

Estas catro pezas únense ás dúas que, desde hai varias semanas, presiden a entrada principal á Casa Consistorial, logo da cesión en comodato da familia do artista.

Cabe lembrar que o Montealegre é un espazo particularmente especial para Antonio Faílde, toda vez que alí tivo unha canteira na que concentrou moita da súa producción artística.

O alcalde, Jesús Vázquez, quixo agradecer de novo ao fillo do artista, Miguel Ángel Faílde, “o seu xesto de infinita xenerosidade ao poñer a disposición da cidadanía de Ourense unhas pezas que contribúen a poñer en valor e a visibilizar a figura e o legado artístico do seu pai, A. Faílde”.

Artigos relacionados

Back to top button