
Dende Apetamcor vén de informarse de que convidan aos seus asociados “a acudir a unha concentración diante dos Concellos das respectivas cidades galegas nas que Apetamcor ten sede, mañá mércores 23 de marzo”. Serán en Ourense, Santiago e Lugo mañá mércores 23 de marzo ás 19:00h, e en Vigo ás 19:30h saindo dende Vía Norte. Estímase que a súa duración será dunha hora.
“O motivo deste acto é esixir ó Goberno que escoite as demandas que o transporte profesional reclama para poder subsistir e traballar dignamente”, explican dende a Apetamcor.
OURENSE:
Concentración diante do Concello de Ourense, Pr. Maior 1, o día mércores 23 de marzo ás 19 horas.