EconomíaEconomíaÚltima hora

“Fe e feudalismo”, a primeira ruta do programa formativo en recursos turísticos Recomenda Valdeorras

Rumbo ao castelo do Bolo.

 

En torno ás catro e media da tarde deste luns 17 de abril partía da praza do Concello do Barco o bus cos asistentes á primeira das catro rutas de Recomenda Valdeorras, o proxecto co que AEVA ofrece aos seus asociados e á veciñanza en xeral formación en recursos turísticos de Valdeorras.

 

No adro do Santuario das Ermitas.
Nas Ermitas (O Bolo).

 

Coordinado por Soledad Figueroa e Luís Carrón, na primeira ruta tiulada “Fe e feudalismo”,  as seis persoas inscritas visitaron o santuario das Ermitas, o castelo do Bolo, a Torre do Castro e máis o conxunto histórico de Xagoaza. Nesta última parada, os participantes descubrían por exemplo, que o coñecido como mosteiro, nunca foi tal e que a igrexa que o acompaña é unha das máis antigas da comarca.

 

No Bolo.

 

A ruta formativa dura unha tarde pero celébrase en luns, martes e sábado (repetindo o mesmo traxecto) para adaptarse á dispoñibilidade horaria de empresas e profesionais. As seguintes citas de “Fe e feudalismo” son este martes 18 con 8 reservas e sábado 22 de abril con 8.

 

Unha das asistentes a esta primeira ruta.

 

As inscricións estarán abertas ata a véspera de cada ruta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button