CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Fede Arias recibe o “Capuchón de Verín”, pero nun acto sen público

A entrega prevista este venres na praza do Concello suspendíase en sinal de respecto tras o estalido da guerra

 

Ante o estalido da guerra entre Ucraína e Rusia, RTVE decidía suspender o último programa de “Mejor Contigo…”. En sinal de respecto tamén se suspendía o acto público de entrega do ” Capuchón de Verín 2022″, previsto para o mediodía deste venres na praza do Concello.

O ente municipal acordaba outorgarlle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu “traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país”.

Pese á suspensión do acto público, tiña lugar outro simbólico e público na Casa do Concello. Alí Arias recibía de mans do alcalde, Gerardo Seoane, e da concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, o Capuchón.

 

Artigos relacionados

Back to top button