CulturaCulturaÚltima hora

“Feminíssimas”, unha comedia violeta polo 8M, o venres no Centro Cultural Avenida da Rúa

A obra, de De Ste Xeito Producións, será o 8 de marzo ás 21 horas e con entrada de balde

 

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”. Este é o punto de partida de “Feminíssimas” unha comedia violeta que De Ste Xeito Producións presentará o venres 8 de marzo ás 21 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa, no marco do programa do Día Internacional da Muller Traballadora organizado polo Concello.

 

 

Trátase dunha creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. “Unha comedia negra… moi violeta” para público de máis de 12 anos e entrada de balde.

 

Este evento forma tamén parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21.22 e da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Artigos relacionados

Back to top button