ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Ferida por queimaduras unha persoa nun incendio nunha casa en Monforte de Lemos

Imaxe de arquivo.

 

Arredor das once desta mañá de domingo producíase un incendio nunha casa situada na rúa Acea Nova de Monforte de Lemos. Nela resultaba ferida unha persoa, que “sufriu queimaduras importantes nos brazos. Por outra banda, no incendio arderon un colchón e roupa nunha habitación da vivenda, sen que transcendesen as causas da orixe do lume”, segundo vén de informar o 112 Galicia.

Tras recibir varios avisos de particulares, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Policía Local e de Protección Civil. O home ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button