OurenseÚltima hora

Ferida unha persoa ao caer dun quad no municipio de Allariz

 

Ás 15:45 horas desta tarde o 112 Galicia recibía un aviso dun particular alertando dun accidente dunha persoa que circulaba cun quad pola rúa do Seixo en San Martiño de Pazó (Allariz). A partir de aí o 112 Galicia solicitaba de inmediato a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Allariz. Ao mesmo tempo informouse aos Bombeiros de Xinzo de Limia, pero non foi necesaria a súa intervención.

“Durante a súa conversa, o alertador indicou que o ferido estaba tendido no chan, aínda que permaneceu consciente en todo momento. Pola súa banda, o persoal sanitario comunicou que, ademais dunha ambulancia, mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Finalmente, o único implicado foi evacuado ao centro hospitalario de referencia”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button