OurenseÚltima hora

Ferida unha persoa ao caer o vehículo no que viaxaba por un terraplén en Maside

 

Na madrugada deste martes 26 de setembro producíase un accidente de tráfico en Maside onde, segundo informan dende o 112 Galicia “unha persoa quedaba atrapada no interior dun vehículo despois de caer por un terraplén ao saírse da vía”, sendo excarcerada polos Bombeiros do Carballiño/ O Ribeiro.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos antes das tres e media, cando un alertador informaba aos xestores de emerxencias “de moitos restos de accidente na vía, na AG-53, quilómetro 79, en Maside, debido a que un coche saltara a mediana e se precipitara por un terraplén, indicando que non se podía circular pola vía e que tampouco se podía acceder ao vehículo sinistrado”.

Nese momento avisaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Carballiño/ O Ribeiro. Igualmente foron informados os axentes de Tráfico, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, “os Bombeiros indicaron que a persoa ferida, tras ser liberada, foi trasladada polos servizos sanitarios”, indican dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button