ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferida unha persoa no monte, no concello do Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste luns 26 de setembro producíase un accidente laboral no concello do Barco de Valdeorras. Segundo informan dende o 112 Galicia, trátase dun home ao que lle caeu unha árbore enrima cando realizaba traballos nunha zona de monte. Ademais, “a persoa ferida atopábase nunha situación inestable ao deslizarse pouco a pouco por unha ladeira”, indican dende o Axega.

Segundo indican dende o 112, o equipo médico necesitou da colaboración dos equipos de emerxencias tanto para o acceso ao ferido como para a súa evacuación desde o lugar no que se atopaba ata onde agardaba o helicóptero con base en Ourense.

Finalmente, o ferido era trasladado na aeronave coa colaboración dos Bombeiros e os membros do GES Valdeorras. Tamén era informada a Policía Local do Barco e a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button