Na tarde do sábado 12 de febreiro, unha muller recibía un disparo nunha perna cando pasaba por unha zona de caza, tal como informan dende o 112 Galicia.
O suceso ocorría preto das 19 horas en Xinzo de Limia, tal e como confirmaron ao 112 os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a atender a ferida, podendo comprobar que a muller afectada pasaba pola zona cando recibiu o disparo na perna.
Nun primeiro momento, foi evacuada ao centro médico próximo, pero, posteriormente, o tratamento das lesións esixía a asistencia no Hospital de Ourense.