ConcellosQuirogaÚltima hora

Ferido o condutor dun camión tras saírse da vía e caer por un terraplén na N-120 ao seu paso por Quiroga

Fonte: 112 Galicia.

 

Na mañá deste xoves 19 de decembro producíase un accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo municipio lucense de Quiroga, no que se vía implicado un camión que se saía da vía e caía por un terraplén.

En torno ás 10 horas un particular avisaba nun primeiro momento ao 112 Galicia informando de que o camión saírase da vía no PK 501 da N-120 e caera por un terraplén quedando a entre 5 e 10 metros da estrada. “O camioneiro pudo saír polos seus propios medios aínda que nun primeiro momento parecía que estaba atrapado na cabina e malia que dicían que estaba ileso, si necesitou atención sanitaria sendo trasladado en ambulancia”, expican dende o 112.

No punto do accidente estiveron Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga-Folgoso, Garda Civil de Tráfico e Servizo de Mantemento de Estradas.

 

Artigos relacionados

Back to top button