OurenseÚltima hora

Ferido un operario tras sufrir un accidente cun pisón en Ourense

 

Na mañá deste martes 1 de outubro resultaba ferido un operario tras sufrir un accidente cun pisón en  Curuxeiras na parroquia ourensá de Seixalbo.

Tal como informan dende o 112 Galicia recibían o aviso en torno ás 10:45 horas por parte dun particular informando “dun operario que tivera un accidente cun pisón mentras estaba a traballar coa máquina. Indicaba tamén que o home atopábase ferido, polo que precisaba asistencia sanitaria”.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitaban a intervención do persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061e dos axentes da Policía Nacional e Local. Uha vez no lugar, “o persoal sanitario indicou que o operario resultou ferido coa máquina nun pé, aínda que se atopaba consciente. Con todo, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto”.

Artigos relacionados

Back to top button