Preto de 18 km e un desnivel positivo de 495 metros entre o centro da localidade trivesa de Sobrado e a vila de Manzaneda. É o fermoso paseo do que desfrutaban un grupo de persoas cos seus cabalos na mañá deste tranquilo domingo 22 de setembro.
Entrando xa no outono, este grupo de amantes dos cabalos e da natureza, participaban na I Ruta a Cabalo Sobrado/ Manzaneda pasando por lugares como Vilanova, Os Casares, O Souto, Acevoso ou o Souto de Rozavales.
A saída tiña lugara en torno ás 10:30 horas dende a praza da Igrexa de Sobrado e a meta no casco antigo da vila de Manzaneda.
Fotos e vídeo: O SIL.
Máis información e fotos, en Manzaneda:
Unha trintena de persoas participan cos seus cabalos na I Ruta entre Sobrado e Manzaneda