ConcellosEn portadaGalerías de fotosManzanedaTrivesÚltima horaVídeos

Unha trintena de persoas participan cos seus cabalos na I Ruta entre Sobrado e Manzaneda

 

Coincidindo co cambio de estación, dando a benvida ao outono partían na mañá deste domingo 22 de setembro unha trintena de cabalos cos seus xinetes. Eran os participantes na I Ruta a Cabalo Sobrado/ Manzaneda, un fermoso e entretido paseo por espectaculares paraxes das terras trivesas.

 

 

A idea partía de tres amigos que comparten a afección polos cabalos e o amor pola natureza, Miguel, Toño e Chirri, que decidían aproveitar o privilixiado entorno do que dispoñen en plena montaña ourensá para xuntarse con outros afeccionados e pasar o día. “Por aquí hai moita afección e tamén veu xente de Quiroga, Monforte, Castro Caldelas, Sas de Penelas… e mesmo ían vir de Ourense”, explica Miguel, recoñecendo que tamén é unha forma de dar a coñecer a zona “moi bonita para facer rutas tanto de sendeirsmo como de cabalos como esta”.

 

 

A saída tiña lugar en torno ás 10:30 horas dende a praza da Igrexa de Sobrado (no concello da Pobra de Trives) e tras percorrer preto de 18 km cun desnivel positivo duns 495 metros, pasando por lugares como Vilanova, Os Casares, O Souto, Acevoso ou o Souto de Rozavales no que case non dan entrado bordeando o milenario Castiñeiro de Pombariños, chegaban á meta no casco antigo de Manzaneda, pasando pola empedrada Porta da Vila de orixe medieval.

 

 

E posto que a idea era compartir a experiencia e pasar o día xuntos, compartían tamén un xantar no Bar Nevada.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

Máis fotos da ruta saíndo de Sobrado:

Fermoso paseo a cabalo entre a localidade trivesa de Sobrado e a vila de Manzaneda

Artigos relacionados

Back to top button