CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Festa do Botelo quenta motores co encontro de blogueiros

Publicidade
Seis comunicadores galegos visitaron a fábrica de embutidos García Marcos e a adega Roandi

A XVIII edición da Festa do Botelo do Barco celebrarase o vindeiro sábado 20 de xaneiro, pero o programa de actividades paralelas arrancaba hoxe, 13 de xaneiro, coa venda das entradas e o II “Blog trip” ou encontro de blogueiros do Botelo do Barco.

A actividade, programada co obxectivo da promoción gastronómica do botelo e tamén turística da vila barquense máis alá da comarca de Valdeorras, comezaba cunha recepción no Concello do Barco e de seguido, os seis participantes dirixíanse ata a fábrica de embutidos García Marcos en Viana do Bolo (empresa encargada da elaboración dos botelos que se degustarán no xantar popular o día 20). A visita continuaba na Adega Roandi en Éntoma e cun xantar na Casa Galaica do Barco.

Os asistentes a este encontro son blogueiros e comunicadores galegos relacionados coa gastronomía e o turismo: a barquense Chus Nenalinda http://siguiendoanenalinda.blogspot.com; José Arnoso http://www.turvegal.com; a ourensá Anabel Otero http://www.murmullosentremaletas.wordpress.com; o vigués Emilio Vila http://www.cocinaandgo.blogspot.com; Jesús Hermida Iglesias http://www.viajerosnosotros.com; e a pontevedresa Emilia Santiago Blanco http://www.cousasdemilia.com.

Fotos: Chus Nenalinda, José Arnoso de Turvegal e Soledad Figueroa.

 

Artigos relacionados

Back to top button