Como cada 31 de outubro, os centros escolares da comarca de Valdeoras celebraron a festa do Samaín-Halloween. No caso do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, a actividade comezaba xa uns días antes, coa tradicional exposición de cabazas decoradas na que participaron 200 alumnos coas súas creacións tradicionais e artísticas. Verdadeiras obras de arte.
E xa o día propio, previo ao de Defuntos, alumnos e profesores apareceron no centro decorado con motivos referentes ao Samaín–Halloween, disfrazados e caracterizados de personaxes de medo. Nas primeiras horas da mañá, o mestre-conversador americano Allen desenvolveu na biblioteca unha serie de actividades en inglés que incuían cancións, bailes e contacontos de medo. E xa na recta final da xornada escolar, todo o colexio saía ao patio para participar nun animado baile de máscaras, canto máis terroríficas, mellor.
Fotos: CEIP Julio Gurriarán.