O vindeiro martes 17 de xaneiro a parroquia do Barco celebrará a Festa de San Antón Adade, cunha bendición dos animais ás 17:15h. na explanada da igrexa de Santa Rita (tal e como xa se fixera o pasado ano), seguida de misa. Así o vén de comunicar o párroco do Barco, Jesús Álvarez. Ademais recolleranse alimentos para doar ás asociacións de axuda aos animais.
Antes, a parroquia acollerá outras dúas celebracións. Así, para o sábado 14 de xaneiro está previsto un encontro de mozos do Arciprestazgo de Galicia no Barco. Está previsto para as 10:30h. na igrexa de Santa Rita, onde serán recibidos, despois terá lugar a procesión coa Virxe da Eterna Xuventude ao pavillón da Divina Pastora, seguido de talleres, oración e comida
Finalmente, o domingo 15 de xaneiro será a festividade do patrón da parroquia e da Policía Local: San Mauro. Ás 12:30h. sacarase a súa imaxe en procesión e logo oficiarase a misa.