
Maña, sábado 25 de marzo, a partires das 23:30h. o dueto lucense Carta de Ajuste amenizará no bar Retorno da Rúa, unha festa “retro” centrada nos anos 90.
Cunha guitarra española, un caixón peruano e dúas voces o dueto consegue un son peculiar e característico ás versións adaptadas un son peculiar e característico “que sorprende, abordando, desde un punto de vista diferente, cancións que levamos escoitando toda a vida”, explican dende Hermanager Producións.
Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto” Carta de Ajuste presentará na rúa un espectáculo que fusiona comedia e música, buscando a interacción co espectador, ata o punto de que facer protagonista ao público retrata a filosofía desta agrupación musical, que transforma cada actuación “nunha paréntese, onde os asistentes conseguen esquecerse das rutinas e preocupacións diarias a través da música”.