Concellos

A Festa do Pulpo do Carballiño promociónase na capital das Rías Baixas

Pontevedra foi o último escenario para dar a coñecer o evento gastronómico ourensán
Imaxe dos representantes que se desprazaron até Pontevedra para presentar a Festa do Pulpo.
Imaxe dos representantes que se desprazaron até Pontevedra para presentar a Festa do Pulpo.

A Festa do Pulpo do Carballiño rematou onte a súa xira promocional, adicada ás cidades do Eixo Atlántico. Pontevedra foi a cidade elixida para pechar, como capital das Rías Baixas. Até esta urbe desprazouse o alcalde carballinés, Francisco Fumega, xunto co edil de Turismo, Xosé Manuel Dacal, polos portavoces do PP e BNG, Argimiro Marnotes e Francisco Ferreiro respectivamente, e pola concelleira Pilar Caride.

Así mesmo, tamén estiveron presentes o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o presidente da denominaciónd e orixe do pan de Cea, Carlos Rodríguez. Como anfitrión, o rexedor da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernández Lores, que salientou a importancia da gastronomía e, en concreto, do polbo, como ingrediente “central” das feira e romarías de Galicia.

Pola súa banda, Fumega agradeceu a acollida e aproveitou para facer un percorrido pola historia da relación entre a ría de Pontevedra e o pulpo do Carballiño. Así, convidou a todos os pontevedreses a asistir á Festa do Pulpo, que será o vindeiro 14 de agosto.

Ao remate, houbo unha degustación de racións de pulpo, pan de Cea e viño branco Pazo tizón. Con este acto rematan as presesntacións da Festa do Pulpo nas catro cidades da Eurorrexión ás que se adica este ano a festa: as portuguesas Vila Nova de Gaia, Viana do Castelo e Braga e Pontevedra.

Artigos relacionados

Back to top button