CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Festival de música alternativa de AMAVA, o 29 de xullo no Barco

Terá unha parte en acústico e outra en elétrico, e desenvolverase na terraza do Café Teatro Bajo 5 a partir das 19:30h.

 

A Asociación Música Alternativa Valdeorras (AMAVA) celebrará o vindeiro 29 de xullo un festival na terraza do Café Teatro Bajo 5 do Barco. O programa deste evento comezará ás 19:30h. cunha parte en acústico con 5 actuacións da man de Roberto; Edu, Miri e Quique; Distopik; Chimeno, primeiro tocando en solitario, e despois xunto a Rodrigo e Carol.

Xa en torno ás 22:45h. darase paso á segunda parte do festival, en eléctrico, na que poderá verse a Trasnochando, novamente a Distopik, El patio de Leni e Maldita Carolain.

 

Artigos relacionados

Back to top button