Galerías de fotosÚltima hora

Fieis a San Francisco Blanco

Este ano o tempo si permitiu celebrar a procesión coa imaxe de San Francisco Blanco. Así, despois das tres misas anteriores, ás 13h. do xoves día 5 de febreiro os fieis deste santo, avogado dos males da cabeza, percorrían os arredores da capela en Outarelo (O Barco de Valdeorras).

E trala procesión tiña lugar a misa maior presidida pola reliquia de San Francisco (mártir nado en Tameirón, A Gudiña e crucificado en Xapón), que os fieis tocaron e bicaron ao rematar a eucaristía.

Entre os asistentes, incondicionais grupos de amigos que non faltan á cita e que aproveitan o día para compartir un xantar ou cando menos unha tapiña de polbo á feira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button