Trala xornada de cultos e probas deportivas chegaban os concertos do Día do Cristo no Barco de Valdeorras. A primeira en subirse ao escenario era aorquestra portuguesa Função Pública chegada dende Chaves para facer bailar ao público no primeiro pase.
E tralos espectaculares fogos artificais sobre o río Sil, era a quenda do concerto estrela das festas. O grupo local Mrs. Fine facía de telonero, quentando o ambiente para a chedada das esperadas Fillas de Cassandra que conquistaron a un entregado público.
O dúo formado por Sara Faro e María SOA foi a gran revelación no 2023 e este ano veñen pisando forte. Fillas de Cassandra teñen o son, teñen as cancións, teñen o concepto e tamén un chisco de maxia que fai que os seus concertos sexan todo un espectáculo animado e comprometido. A súa música, que mira á tradición sendo abertamente pop fai que leviten no escenario acompañadas polo público e só un días despois de presentar o seu novo sinxelo Maricarmen, conquistaban ao público no Campo da Festa do Barco.
Con este tema pechagan un intenso concerto no que, acompañadas por Tania Caamaño e Marina Vidal fixeron un repaso polas súas mellores cancións entre as que non faltou Varre Vasoira, Quen é a que canta ou Eco, temas da súa xira Últimas Dionisíacas.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.