A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Fillos do océano”, unha homenaxe aos pescadores artesanais de todo o mundo, na Rúa

A exposición, un proxecto fotográfico de Javier Teniente, está promovida por Abanca e A Fundación e poderá verse ata o 10 de xuño no Centro Cultural Avenida

 

Dende hoxe, martes 11 de maio, e ata o 10 de xuño poderá verse no Centro Cultural Avenida da Rúa a exposición “Fillos do océano”, un proxecto fotográfico de Javier Teniente promovido por Abanca e Afundación, que ten como protagonistas ás comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar.

A mostra reúne imaxes únicas de lugares como Galicia, Senegal, Andalucía, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia, ofrecendo a través de instantáneas, unha viaxe polo planeta, facendo fincapé na importancia da auga, da pesca, do coidado do planeta,…

 

Inauguración da exposición no Centro Cultural Avenida da Rúa.

 

No acto co que se inauguraba oficialmente a exposición esta mañá, estaban presentes o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández; o concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat (entre outros membros da corporación municipal); o coordinador institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, quenes destacaron o apartado medioambiental deste traballo, así como a contribución ao coidado do planeta das entidadades que representan.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Rúa, Abanca e Afundación como parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Pode verse de luns a domingo de 19 a 21 horas. Para visitas en grupo é necesario contactar co Concello da Rúa no teléfono: 988 310 116. Dende a administración local lembran que durante a visita hai que “cumprir con todas as indicacións e medidas de prevención”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button