ConcellosTrivesÚltima hora

Fin de semana ao ritmo das motos en Trives coa XVII Concentración Os Esquíos

Publicidade
Motos nunha edición anterior da concentración./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende hoxe e ata o domingo, A Pobra de Trives acollerá a XVII Concentración Mototurística organizada polo Moto Club Os Esquíos.

O programa arrancará pola tarde coa apertura de inscricións a partir das 19h. e coa festa de benvida que inclúe a tradicional chourizada con sangría e a actuación de Malditos Pendejos na rúa San Martín, con karaoke como fin de festa.

Mañá, sábado 9 de xullo ás 11h. comezará a ruta turístico-gastronómica e ao volver a Trives terá lugar a ruta barítima polo pobo co tradicional “porco no espeto” e a música das Macizas Centrais. Xa pola noitiña haberá churrascada e a partires das 23h. comezará a ruta de bengalas “na honra aos compañeiros caídos en carretera”. O prato forte chegará a partir da media noite coa exhibición acrobática a cargo de AV Campos e unha actuación musical.

A concentración rematará o domingo día 10 cunha gran ruta mototurística (10:30h.)e o xantar coa entrega de premios.

 

Artigos relacionados

Back to top button