O engado natural, gastronómico e patrimonial da comarca Terras de Trives é un gran reclamo para os visitantes do resto de Galicia. Un exemplo témolo no Club de Montaña Pena Tallada de Ribadeo (Lugo) que están a desfrutar dunha fin de semana nestas fermosas paraxe da montaña ourensá.
Un grupo amplo de afeccionados á montaña participaban nunha excursión con dúas rutas diferentes. Na xornada do sábado 21 de setembro visitaban a Fraga de San Xoán de Río e Pena Folenche; e, tras facer noite no Hostal La Viuda, na mañá deste domingo día 22 saían da Pobra de Trives para visitar lugares como a vila medieval de Manzaneda, o Souto de Rozavales ou o conxunto románico de Sobrado.
Fotos: O SIL.