CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Fin de semana musical da man da Coral P. Candea de Viana

Este sábado 26 de novembro celebrarase na Casa da Cultura o XVI Certame Santa Cecilia
A Coral Candea de Viana, organizadora do certame na honra a Santa Cecilia.
A Coral Candea de Viana, organizadora do certame na honra a Santa Cecilia.

Un ano máis e xa van dezaseis, a Coral P. Candea prepárase para celebrar por todo o alto o certame na honra á patroa dos músicos: Santa Cecilia. Será este sábado 26 de novembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo a partires das 19:30 horas e contará con varias agrupacións.

Ademais da actuación da propia coral, subiranse ao escenario os membros das Bandas Candea (infantil e adulta) así como os da charanga Alegría, tendo como convidados de excepción aos membros da Coral La Salle de Burgos, “devolvéndolle así a visita que lles fixemos nós por estas mesmas datas”, explican dende Candea. Tralo concerto, a festa continuará cunha cea amenizada pola charanga, pero a celebración de Santa Cecilia non remata aí.

Tal como explican dende a coral vianesa, a agrupación de Burgos permanecerá en Viana toda a fin de semana e o domingo 27 de novembro cantará a Misa Maior no Santuario das Ermitas, acompañada polos membros da coral anfitriona, completando a fin de semana musical cun xantar de confraternidade.

 

Cartaz do Certame Santa Cecilia 2016.
Cartaz do Certame Santa Cecilia 2016.

Artigos relacionados

Back to top button