OurenseÚltima hora

Final 4 da Copa Galicia 2023 de hóckey herba, os días 13 e 14 en Mariñamansa, Ourense

Presentación da Final 4 en Ourense.

 

A Final 4 da Copa Galicia 2023 de hóckey herba dispútase en Ourense. Os 4 primeiros clasificados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este torneo os próximos 13 e 14 de maio no campo de Mariñamansa.

Á presentación do evento deportivo asistían Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial; Aníbal Pereira, representante do Concello de Ourense; e Roberto Baratta, presidente da Federación Galega de Hóckey.

 

 

Calendario de partidos da Copa Galicia:

Sábado 13 Maio
11:00 Semifinal Feminina 2º vs 3º: At. Coruña HC – CH Albor
13:00 Semifinal Masculina 1 vs 4º: Santo Cristo – Escola Hockey A Coruña
15:00 Semifinal Femenina 1º vs 4º: Villar Ourense – Atlántico Vigo HC
17:00 Semifinal Masculina 2º vs 3º: CH Albor – Cidade de Ourense

Domingo 14 Maio
9:00 Partido 3º vs 4º Feminino
10:30 Partido 3º vs 4º Masculino
12:00 FINAL FEMININA
13:30 FINAL MASCULINA
14:45 ENTREGA TROFEOS

Entregaranse tamén os trofeos aos máximos goleadores das ligas galegas de Primeira Nacional Feminino a Lucía Lamelas; e Masculino a David Aguiar.

Artigos relacionados

Back to top button