DeportesÚltima hora

Finalizan as actuacións de mantemento no campo de fútbol de Viana do Bolo

"Queremos que o CD Viana teña as mellores instalacións cando poida voltar á competición", di o alcalde

 

Veñen de finalizar as obras “de mantemento extraordinario de primavera do céspede” no campo de futbol As Carrelas de Viana do Bolo, tal e como informa o seu alcalde, Secundino Fernández. O investimento nestas actuacións para a primavera e outono será de 7600 €, segundo adianta.

Estas actuacións extraordinarias consistiron no resementado pinchado macizo, pinchado con sacabocados, escarificado, recebo de area, aboado granulado e tratamento herbicida selectivo, segundo o Concello de Viana.

Estas intervencións estaban previstas “antes da aparición da pandemia do COVID-19 e a pesares da suspensión da actividade deportiva o goberno municipal decidiu mantelas. Esta decisión é para manter o campo nas debidas condicións, para conservar o céspede de forma idónea para a práctica deportiva”, asegura o alcalde, “queremos que o noso clube, o CD Viana, teña as mellores instalacións cando poida voltar á competición. E esperamos que canto antes poida volver aos adestramentos e comezar a competición”.

 

Artigos relacionados

Back to top button