ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Flores en recordo das vítimas da violencia de xénero, en Trives

A Federación de Mulleres Anaral organizou un acto na praza da Igrexa o venres 25 de novembro

A Federacion de Mulleres Anaral celebraba na tarde do venres 25 de novembro un fermoso acto en recordo ás mulleres asasinadas pola violencia de xénero. Na praza da Igrexa da Pobra de Trives, os presentes na concentración asistían asemade á lectura do manifesto e á inauguración dunha placa en conmemoracién e recordo ás mulleres asasinadas vítimas da violencia machista, colocando ao seu carón unha pequena maceta cunha flor en memoria de cada unha delas.

Desde Anaral, agradecen a asistencia a todas os presentes así como “a quenes fixeron posible que se puidera realizar o acto, e a todas aquelas que día a día loitan por erradicar da nosa sociedade a violencia machista”.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button