DeportesÚltima hora

O Fluvial Barco, subcampión da liga galega de augas bravas

Publicidade
Recollerá o galardón na gala anual do piragüismo galego que se celebrará o 17 de decembro ás 12h. no auditorio municipal de Ribadumia (Pontevedra)
Competición de augas bravas no río Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre os galardoados na gala anual do piragüismo galego estará o Club Fluvial Barco. Neste acto, que se celebrará o vindeiro domingo 17 de decembro no auditorio municipal de Ribadumia (Pontevedra), esta entidade barquense recollerá o premio de subcampeón da Liga Galega de Augas Bravas 2017. Ata alí desprazaranse dous representantes do club: Daniel Jesús López Moral e Luis Prada Fernández.

Ademais o Fluvial Barco recibirá o trofeo que o acredita como subcampión da Copa Deputación de Piragüismo 2017. Tamén resultarán distinguidos outros clubs da provincia, así a Escola Ourensá municipal de piragüismo obterá o trofeo de subcampión da liga masculina de veteranos 2017 e o Club Fluvial Avión-Catamarán Ribeira Sacra o de terceiro clasificado na liga femenina de veteranas 2017. Tamén os equipos de piragüismo de Allariz e Avión recibirán os trofeos de campión e de terceiro clasificado, respectivamente, da Copa Deputación de piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button