ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Folión á luz dos fachós en Raigada (Manzaneda)

Publicidade
O Fulión da Mourela p’acá visitaba na pasada fin de semana a localidade de Raigada

Coa preceptiva solicitude de permiso en verso e a súa concesión por parte dos veciños de Raigada (Manzaneda), comezaba a ronda do Fulión da Mourela p’aca por esta localidade, pasadas as nove da noite do 16 de febreiro. Cornas, bombos e sachos ían precedidos pola engaiolante danza das Mázcaras.

Era unha longa ronda, de case dúas horas de duración, na que se realizaban varias paradas nas cales os veciños agasallaban aos integrantes da comitiva con viño e outras bebidas, ademais de con doces e petiscos para repoñer forzas. Xesto que os visitantes agradecían por boca dunha das súas Mázcaras cun verso en cada parada.

 

Un dos fachós que alumaban a ronda./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras completar o percorrido, cesaba o trepidante ritmo do folión e anfitrións e visitantes reuníanse nunha cea, organizada polo polo de Raigada. Nos vindeiros días este folión continuará visitando novas aldeas de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Unha das Mázcaras cunha veciña de Raigada./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button