Pouco a pouco vanse organizando os magostos na comarca de Valdeorras e nos vindeiros días haberá un en cada recuncho.
No caso de Fontei, no concello da Rúa, a directiva da Asociación de Veciños convida a veciños e visitantes á súa XXXVIII xuntanza popular en torno á fogueira e ás castañas asadas, prevista para o día 5 de novembro, a partir das 21 horas no lugar de costume, a praza do Campo, Enriqueta Casanova.
Coma sempre haberá bullotes e bicas, con viños e licores de colleita propia, ademais de moita festa.