Concellos

Formación e emprego

A Conselleira de Traballo e Benestar, en Valdeorras
Beatriz Mato, en Aeva.
Beatriz Mato, en Aeva.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitaba a finais de xaneiro os dous programas mixtos de formación e emprego que se desenvolven nesta comarca. En primeiro lugar achegábase ata A Rúa, onde coñeceu aos 20 participantes do Obradoiro de Emprego do Sil, no que participan os concellos da Rúa, Petín, Larouco e Vilamartín de Valdeorras. Esta iniciativa, á que Traballo destina 175.000 euros, céntrase na especialidade de xardinería.

De seguido, Beatriz Mato viaxaba ata O Barco, para ver o labor dos 22 alumnos do Obradoiro Laboran, dotado con 200.000 euros. Esta iniciativa faise en colaboración cos concellos do Barco, Rubiá e Carballeda e ten tres especialidades: xardinería, forxa e carpintería de ribeira. Este programa está contribuíndo a acondicionar o Camiño de Inverno a Santiago ao seu paso por estes municipios. “Cos obradoiros de emprego damos un servizo aos veciños destes concellos, pero o máis importante”, aseguraba a conselleira, “é que melloramos a empregabilidade e facémolo a través dunha formación de calidade e certificable”.

Ademais Mato quixo coñecer o programa integrado “Aeva Emprego”, cun investimento de 70.000 euros, e que se desenvolve a través da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button