Agosto é o mes das festas patronais por excelencia, e case se pode dicir que hai unha cada día. Unha das de máis sona na comarca de Valdeorras é a de Fornelos (O Bolo) que honrará a San Bartolomé os días 24 e 25 de agosto.
O mércores 24, día central da festa, pola mañá haberá misa solemne na honra ao santo ás 13 horas, pasarrúas e sesión vermú coa charanga Nova Terra de Trives. Pola tarde, ás 19 horas haberá campionato de bolos e ás 19:30 horas unha carreira popular. O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Fania Blanco Show e Danzalia Disco-Show.
E o xoves 25, ás 19 horas volverá haber bolos e o baile estará amenizado pola orquestra Los Satélites que actuará en sesión de tarde e verbena. O fin de festa correrá a cargo de Danzalia Disco Show que pinchará ata o amencer.