EconomíaEconomíaÚltima hora

Foro veciñal arredor do proxecto “Batefogo” en Manzaneda

Terá lugar o 21 de maio ás 10:30h. no Centro Cultural de San Miguel
Presentación proxecto "Batefogo" en Manzaneda en xaneiro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación proxecto “Batefogo” en Manzaneda en xaneiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Presentábase hai catro meses ante a cidadanía de Manzaneda. Dende entón o proxecto “Batefogo” continúa avanzando e, dende mediados de maio, o equipo desta iniciativa está a traballar sobre o terreo neste concello ourensán. Durante estes meses progresaba na recompilación de información necesaria para coñecer a realidade biofísica e tamén socioeconómica de Manzaneda, “co obxectivo último de caracterizar o territorio (recursos naturais e patrimoniais, urbanismo e usos do solo) e analizar o impacto dos incendios sobre el”, tal e como indican os seus promotores.

O resultado pretende ser un estudo do territorio que permita identificar “as causas circunstanciais e estruturais dos lumes, así como cartografar as súas dimensións para localizar os “puntos quentes”, é dicir, aquelas zonas que, pola súa vulnerabilidade ou pola reiteración de incendios, merezan unha maior atención”, segundo o Concello de Manzaneda.

O proxecto quere ir máis aló das estatísticas e das fontes documentais e coñecer a realidade deste entorno de montaña. De aí o interese por manter un encontro coas “persoas que habitan o territorio”, que “son as que mellor coñecen as súas características e problemáticas e, como consecuencia, boa parte das solucións”.

Por iso a veciñanza de Manzaneda está convidada o 21 de maio ás 10:30 h. (no Centro Cultural de San Miguel) a participar nun foro arredor de “Batefogo”. Nel exporanse os datos recabados e contrataranse coa visión dos veciños. O foro durará unhas dúas horas e media, aproximadamente.

Artigos relacionados

Back to top button