A tormenta deixábase sentir con moita intensidade en puntos da comarca de Valdeorras como Éntoma (O Barco) ou Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Comezaba a partir das tres da tarde con aparato eléctrico, moita chuvia e tamén pedra, que danaba moitos viñedos da zona.
Ademais varias zonas de Éntoma resultaban inundadas e tamén marchaba a luz. O subministro eléctrico non se recuperaba ata pasadas as seis e media da tarde, segundo informan os veciños.
Fotos cedidas.