EconomíaEconomíaÚltima hora

Fotos por San Valentín, da man do CCA O Barco

 

Con motivo do día dos namorados que se celebrará o luns 14 de febreiro (San Valentín) o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco está a levar a cabo unha campaña de dinamización comercial que constará de dúas accións.

A principal será a instalación dun photocall de San Valentín na praza do Concello do Barco ao que poderán acercarse os valdeorreses para sacarse unha foto sós ou acompañados (coa nai, co pai, cun irmán, cun amigo, coa parella, coa mascota,…) no fotomatón “que levarán impresa para casa”, puntualizan dende o CCA.

 

As mascotas foron as elixidas para esta foto.

 

De forma paralela, os clientes do comercio barquense poderán depositar os seus tíckets de compra (das compras realizadas entre o 7 e o 14 de febreiro) nunha urna instalada na praza para entrar no sorteo de dous vales de compra de 150 euros cada un para investir no comercio de proximidade.

A campaña comezaba na tarde deste vernes 11 de febreiro con numerosos veciños fotografándose no fotomatón e continuará mañá en horario de 11 a 14 horas. O luns 14 de febreiro de 11 a 14 horas será o último día para participar, ben facéndose unha foto ou ben depositando os tíckets para entrar no sorteo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button