OurenseÚltima hora

Francisco Cacharro toma posesión como coordinador xeral do Concello de Ourense

Cacharro prometeu o cargo á mañá deste venres, 24 de xullo

 

O Concello de Ourense xa conta cun novo coordinador xeral. Francisco Cacharro Gosende tomou posesión no salón de plenos á mañá deste venres, 24 de xullo. Cacharro prometeu o seu cargo, en galego, fronte ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, o tenente alcalde, Jorge Pumar e o oficial maior. Despois do acto, o xa coordinador xeral reuniuse na Alcaldía con integrantes do goberno local para perfilar as funcións que desempeñará no seu cargo e comezar o seu traballo.

Cacharro, que ata entón desempeñaba o cargo de secretario da Deputación de Ourense, accedeu ao posto por unha resolución favorable da Concellería de Recursos Humanos, que indicou que se trataba de “a mellor candidatura”. Días antes da toma de posesión, o alcalde Pérez Jácome, indicaba que Cacharro contaba con “grandes coñecementos xurídicos e amplo coñecemento da administración local”.

O novo coordinador xeral ocupará unha praza vacante no Concello que foi creada polo goberno bipartito no ano 2013. “En ningún caso se está creando unha praza nova”, aseguraba o alcalde.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button