Marcos Fernández González vén de tomar posesión esta tarde como novo concelleiro do BNG no pleno celebrado pola Corporación municipal do Concello da Rúa. O novo edil, que prometeu o cargo, ocupa o lugar de Germán Alejandre Salgado, quen concorría no terceiro posto da candidatura nacionalista nas eleccións de maio de 2019.
Este cambio prodúcese tras facerse efectiva a renuncia de Germán Alejandre a continuar no seu posto por motivos persoais. Alejandre foi concelleiro da Rúa nos dous últimos mandatos ocupando o posto da segunda tenencia de alcaldía durante o goberno bipartito do BNG e o PSOE entre 2015 e 2019.

O novo concelleiro do BNG rues Marcos Fernández estréase na política insititucional. É licenciado en Ciencias Químicas e pai dunha nena. Grande xogador de xadrez, defínese como un apaixonado da Rúa e das súas xentes e enceta esta nova etapa “con ilusión e con moitas ganas de traballar pola vila que me veu nacer e que escollín para levar adiante o meu proxecto de vida”.
Fotos: Mónica G. Bellver.