ConcellosManzanedaÚltima hora

Carlos Eduardo Salazar toma posesión como párroco de Manzaneda, entre outras parroquias

 

Nunha eucaristía solemne, celebrada o domingo 3 de setembro, tomaba posesión como párroco de Encomenda, Cernado, Cesuris, Manzaneda, Mendoia, Mormentelos, Paradela de Manzaneda, Raigada, San Martin de Manzaneda, Sobrado e Vilarmeao, o Padre Carlos Eduardo Salazar Femayor.

José Manuel Carrasco, vicario de Pastoral, en nome de monseñor Jesús Fernández, bispo de Astorga, presentaba ao novo párroco e facía lectura do devandito nomeamento. Á celebración tamén asistiron Severino Pérez, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, familiares do Padre Carlos e membros das parroquias.

Na parroquia de Raigada deron a benvida ao Padre Carlos Salazar cunha placa dedicada a imaxe da Sacra Familia destacando o “nomeamento do novo párroco. Por moitos anos”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button