
Preto dunha trintena de vehículos (monoprazas e carrozados), dos que unicamente remataban 17, participaban na V edición da “Subida a la Pizarra”, proba puntuable para o Campionato de Castela e León de Montaña 2021, celebrado o sábado 17 de xullo.
Organizado polo Club Deportivo Médula Sport na estrada LE-126 entre La Baña e Sobradelo de Valdeorras, a proba tivo como claro protagonista ao asturiano Gabriel Gutiérrez Siegrist (Cosmos Racing), que dominaba a clasificación aos mandos do Fórmula TATUUS F3000 cun tempo de 3:39.70.
Completaban o podio Pablo Rey Pérez (Médula Sport), segundo clasificado cun Fórmula SMB X21; e Antonio Martínez Rodríguez, terceiro clasificado cun Fórmula Jedi MK6, todos na modalidade de monoprazas.
A cuarta praza da xeral foi para Juan José Abia de la Torre (Team Repauto), vencedor da modalidade de carrozados co Skoda Fabia R5.
