OurenseÚltima hora

Gadis regala 750 entradas aos seus clientes para participar na XII Xira Karting en Ourense

A primeira cita da xira celebrarase do 8 ao 10 de xuño no Circuíto Barbaña
Xira karting patrocinada por Gadis.

Dende o 2 de xuño e ata fin de existencias Supermercados Gadis regala 750 entradas aos seus clientes, por cada 50 euros de compra, para participar na primeira cita da XII Xira Karting, que se celebrará no Circuíto Barbaña de Ourense a vindeira fin de semana.

A promoción desenvolverase nos puntos de venda de Supermercados Gadis de Ourense, O Carballiño, Maside, Xinzo de Limia e Verín. Adicionalmente, entre os días 2 e 9 de xuño repartiranse vales de desconto de 3 euros por compras superiores aos 50 euros para acudir ao circuíto.

Xira Karting, iniciativa pionera e líder no sector, constitúe a primeira actividade de karting móbil galega. Está dirixida a todos os públicos, a partires dos 8 anos e cunha estatura superior a 1,35 metros, e as súas cinco sedes están ubicadas no centro de cada cidade.

A presente edición consta de cinco sedes.A primeira cita será en Ourense entre o 8 e o 10 de xuño, o venres de 16:30 a 21:30 horas e o sábado e domingo de 12 a 14 e de 16:30 a 21:30 horas. As seguintes paradas da xira son Lugo (Augas Férreas, 22-24 de xuño); A Coruña (Palacio dos Deportes de Riazor, 28 de xuño–1 de xullo); Vigo (Circuíto Bouzas, 5-8 de xullo); e por último, As Pontes (Kartódromo municipal, 13-15 de xullo).

A presentación do acto terá lugar o mércores 6 de xuño ás 11 horas no Salón de Plenos do Concello de Ourense coa presenza de Jesús Vázquez Abad, alcalde de Ourense; Mario Guede, concelleiro de Deportes; Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia; Antonio Cortés Lobato, director de marketing de GADISA como patrocinador principal da actividade; Ernesto Vázquez, en representación da Federación Galega de Automobilismo e Raquel González, directora de RGM Eventos, organizadora do evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button