ConcellosGalerías de fotosQuirogaÚltima horaVídeos

Galaicos e romanos reencóntranse na Festa do Ouro de Margaride (Quiroga)

 

Coa tradicional misa en latín iniciábase na mañá deste sábado 20 de agosto a X Festa do Ouro de Margaridade, que esta localidade quiroguesa retoma logo dunha obrigada paréntese de dous anos por mor da pandemia. Logo iniciábase un festivo percorrido polas adegas da veciñanza, caracterizada como castrexos e como romanos. Neste traxecto non faltaba a música.

 

 

Logo o escenario da festa trasládase ás proximidades da antiga explotación aurífera das Covas do Medo, onde acostuma instalarse o campamento romano. Ao mediodía tiña lugar alí un xantar popular e as actividades continuaban pola tarde e noite, con proposta como unha singular voda castrexa.

 

Esta festa do ouro ten sido organizada pola Asociación de Veciños de Margaride.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button