SanidadeÚltima hora

Galardón, a título póstumo, da Sociedade Española de Neuroloxía ao médico petinés Miguel Blanco

Era distinguido co Premio Ictus Modalidade Científica no marco das distincións SEN 2016, en Madrid
O doutor Miguel Blanco, falecido no 2015, en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A súa implicación nas actividades científicas e docentes do Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) e a súa colaboración con diferentes asociacións de pacientes. Eran as dúas cuestións principais que a SEN vén de recoñecer de xeito especial coa concesión do Premio Ictus Modalidade Científica, a título póstumo, ao neurólogo petinés Miguel Blanco González. Este galardón entregábase nun acto celebadrado na tarde do pasado 31 de maio na Real Academia Nacional de Medicina en Madrid.

 

Logotipo da Sociedade Española de Neuroloxía.

 

Este xove especialista valdeorrés falecía de xeito repentino o 9 de outubro de 2015. Dirixía a unidade do Ictus do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Era unha persoa e un profesional sanitario moi querido. Un ano despois do seu falecemento, o pobo natal, Petín, co que mantiña fortes vínculos familiares e de amizade, rendíalle unha homenaxe a título póstumo. Agora é a SEN á que recorda e premia o seu labor.

Artigos relacionados

Back to top button