SanidadeÚltima hora

Galicia iniciará a vacinación contra o Covid dos menores de 40 anos en xullo

 

Xullo será o mes no que comezará a vacinación contra o Covid dos menores de 40 anos. Así o adiantaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia deste 9 de xuño, na que daba conta dos acordos tomados polo Comité Clínico de onte.

Ademais anunciaba que se usará “un sistema mixto, de chamamento programado e de voluntarios que notifiquen o seu interese por ser vacinados. É dicir, vai seguir a citación automática, mesturada coa vacinación voluntaria”.

Artigos relacionados

Back to top button