OurenseÚltima hora

Gardas civís e funcionarios destinados na provincia doan 2.500 quilos de alimentos

Entregábanse nesta mañá no Banco de Alimentos de Ourense, que se encargará de realizar a súa distribución

Imaxe da entrega dos alimentos reunidos ao Banco de Alimentos de Ourense./ Foto cedida.

 

Gardas civís e funcionarios destinados na comandancia e en cuarteis de toda a provincia de Ourense poñían en marcha semanas atrás unha iniciativa co fin de reunir alimentos para entregar ás personas máis necesitadas “desta provincia, tras a dura etapa que con motivo do Covid-19 estamos vivindo”, informan dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Así, dende mediados do pasado mes de abril facíase un chamamento a gardas civís, familiares e funcionarios que quixesen dalgún xeito contribuír a esta iniciativa benéfica. O resultado vén darse a coñecer hoxe dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense. Lograban reunir 2.500 quilos de alimentos, que nesta mañá veñen de ser entregados ao equipo de voluntarios do Banco de Alimentos de Ourense. Eles serán los encargados de realizar a súa distribución.

Artigos relacionados

Back to top button