CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada, premiada no XXIV Certamen Nacional de Teatro Aficionado “Ciudad de Benavente”

A súa obra "Un desastre de función" colleitaba dous recoñecementos nesta mostra

 

O bo facer da compañía valdeorresa de teatro amador Gargallada segue colleitando recoñecementos. Desta volta pola súa comedia “Un desastre de función”, baseada nun clásico da novela inglesa. A peza está dirixida por César Martínez “Goldi” e Manuel Caramés, e interpretada por un elenco formado por Reyes Limia, Aurora Fernández, Carmen Hernández, Álvaro Baños, Manuel González, Manuel Caramés e Paco Campos.

Gargalla resultaba premiada por esta peza, o 28 de outubro na gala do XXIV Certamen Nacional de Teatro Aficionado “Ciudad de Benavente”. Así neste acto Aurora Fernández Couso recollía o galardón como mellor actriz de reparto e ademais esta comedia era recoñecida co segundo premio á mellor representación a xuízo do xurado e do público.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button